Recibo por correo electrónico este enlace que por su contenido y riqueza, pensé que merecía la pena visionarlo. En el 'asunto', aparecía el comentario ...¡ Y luego dicen que los percebes son caros !.
Les dejo con los comentarios al respecto - en lengua gallega para no distorsionar su contenido - , esperando que no tengan demasiados problemas en su comprensión y mi deseo es que les guste tanto como a mí.
Son solo once minutos preciosos los que dura el vídeo, que pasan volando, créanlo.
Dice así:
Grazas ao post de Fernando Igrexas na web do Olláparo, esta mañán atopei o curto-documental “Percebeiros” que me deixou sorprendido e abraiado. Trata da semblanza dun experto percebeiro galego, persoalizado neste caso na figura de Serxio Ces, de Cedeira.
A factura deste documental curtometraxe é impecable, notándose a man de David Beriain e dun equipo de xente “moi profesional”, que diría Manquiña. Tamén se nota o que é traballar cos novos medios que brinda a tecnoloxía (DSLR…) ou que permiten a toma de planos brutais a prezos asequibles, como as efectistas secuencias aéreas de Helifilms. (Por estes lares aínda non se pode contar cos medios habituais na BBC, como o heligimbal…). Os demáis datos técnicos podedes velos premendo aquí.
Respecto aos motivos polos que seguimos en Galicia sin ser capaces de botar adiante proxectos de documentais (de natureza , refírome), de calidade e 100% galegos, vénme á cabeza un recente intercambio de tuits con Pancho Casal, de Continental, con motivo de “Aliens dos fondos mariños” : ¿por qué si os polbos son galegos e o coñecemento tamén, teñen que vir de fora a facer un documental que despois vése por todo o mundo, desde USA ata Xapón? Neste caso digo case o mesmo: hai moreas de documentais producidos en Galicia sobre os percebeiros pero nengún supera o nivel de “cutre”. Logo, ¿non somos quén de usar as novas tecnoloxías e coordinarnos para facer una producción documental feita en Galicia, pero distribuible a todo o mundo? Eu penso que sí. As barreiras que había na distribución física, e por tanto na rendabilidade das produccións, vénse minimizadas grazas ao emerxente crowdsourcing e a iniciativas galegas (de novo Pancho Casal) como Wecoop onde se pode ler: o sector audiovisual está cambiando e non podemos quedarnos parados.
Quizáis con estas novidades tecnolóxicas e o abaratamento dos equipos de filmación, incluso indo máis alá das DSLR cara cámaras RED e semellantes, non estemos lonxe de comenzar a producir en Galicia algo máis que series para TV de consumo local ou documentais de carácter social, senón, por exemplo, a vida do percebe desde o punto de vista dun percebe. Iso sí, coa mesma calidade que caracteriza a Galicia noutros campos. Ideas hai miles, o complexo é botalas adiante. Iso é todo. Disfrutade do impresionante vídeo da portada, con secuencias épicas e unha estética e timing impecables.
Noraboa a Serxio Ces -nótase que ten táboas nisto do percebe e tamén das cámaras co seu grupo Os Cempés- , ao colectivo de percebeiros de Cedeira, e ao equipo técnico do documental. Tamén moi oportuna a música de Anxo Pintos, compoñente de Berrogüeto (aproveito para mandar un saúdo a outro compoñente, Santiago Cribeiro -Santi do Triqui- +info na súa web oficial). Probablemente caigan moitos premios.
Sinopse oficial: Ruxe o vento. O mar rompe nos cantís. Dous metros de rocha. Ésa é a franxa de auga e osíxeno na que medra o percebe. Dous metros onde o mar se ensaña, onde bate con forza milenaria. Unha fronteira de ondas e espuma na que Serxio e os seus compañeiros loitan por un cacho de mar. Unha fronteira de valor e medo. De temeridade e de sentido común. Dous metros sen marxe de erro. Aí vive o percebe. Aí vive Serxio.
“Percebeiros” é a loita contra o mar duns guerreiros que no se consideran héroes.
Nota 1.- Recomendo velo a pantalla completa, bo son, e boa conexión a internet.
Nota 2.- Como todo documental que se preze, ten o seu making of. shareshareshareshare